Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

FEB

Dezaoito equipos integrarán de xeito definitivo a Adecco Oro 2010 - 2011 21/07/2010

A presenza galega virá da man de Leche Río Breogán, Aguas de Sousas Ourense e Obradoiro C.A.B.

A Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto, revisada a documentación presentada polos diferentes equipos e esixida polo Regulamento xeral de competicións e a normativa específica de cada competición para a inscrición de equipos, comunica na mañá de hoxe que os equipos que conformarán de xeito definitivo a Liga Adecco Oro 2010 - 2011 son os seguintes:

Ford Burgos
Baloncesto León
Lobe Huesca
Ciudad de La Laguna Canarias
Unión Baloncesto La Palma
CB Murcia
Leche Río Breogán

Aguas de Sousas Ourense

Obradoiro C.A.B

CB Sant Josep Girona
CB Tarragona 2017.
Club Melilla Baloncesto
Cáceres 2016 Básquet
Unicaja
Palencia
Fundación Adepal Alcázar
C.E.C.I.P. Lleida
Grupo Iruña Navarra

Calendario 2010 - 2011
A Federación Española de Baloncesto tamén fixo público na mañá de hoxe o calendario oficial desta competición, que se iniciará o vindeiro 10 de outubro coa disputa da primeira xornada da Liga Regular, cuxa conclusión vivirase o 2 de abril de 2011, tras 34 xornadas.

Nesta fase da competición poderase disfrutar esta temporada de tres diferentes duelos directos entre os equipos galegos. Estos encontros, de grande atractivo para todos os afeccionados, terán as seguintes datas:

Leche Río Breogán - Obradoiro CAB (xornada 8. 12/11/2010)
Obradoiro CAB - Leche Río Breogán (xornada 25. 25/02/2011)

Obradoiro CAB - Aguas de Sousas Ourense (xornada 9. 17/11/2010)
Aguas de Sousas Ourense - Obradoiro CAB  (xornada 26. 02/03/2011)

Leche Río Breogán - Aguas de Sousas Ourense (xornada 15. 22/12/2010)
Aguas de Sousas Ourense  - Leche Río Breogán (xornada 32. 01/04/2011)

Play off de ascenso
Tras a competición regular a Adecco Oro rexistrará o primeiro playoff polo ascenso, disputado ao mellor de 5 partidos, con datas establecidas para o 29 de abril e 1, 4, 6 e 8 de maio. O segundo playoff, tamén a 5 encontros, disputarase os días 13, 15, 18, 20 e 22 de mayio. Por último, o playoff final terá lugar os días 27 e 29 de mayo e o 1, 3 e 5 de xuño.


© Federación Galega de Baloncesto 2007