Galego Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

FEB

A Selección Española de Baloncesto U16 feminina prepara en Lugo o Europeo 21/07/2010

O seleccionador español feminino U16, Evaristo Pérez, aloxase dende a xornada de hoxe, con toda a súa expedición, na Residencia Abeiro e contando coa colaboración  da Delegación en Lugo da Federación Galega de Baloncesto na organización  da concentración

A Selección Española Feminina U16 chega no día de hoxe, mércores 21 de xullo, á cidade de Lugo para preparar nesta localidade o vindeiro Europeo da súa categoría, competición que terá lugar en Grecia entre o 12 e o 22 de agosto.

O combinado nacional permanecerá en Lugo, nunha primeira volta, traballando e realizando adestramentos desde o día de hoxe e ata o xoves, 29 de xullo, data na que emprenderá viaxe a Italia para participar nun Torneo Internacional coas seleccións de Grecia, Rusia e a propia Italia.

As xogadoras españolas regresarán o día 3 de agosto á cidade lucense para completar unha segunda rolda de traballo que implicará a disputa dun Torneo Amigable ante a selección francesa. Este será a dobre partido os días 7 e 8 de agosto no Pazo dos Deportes (20.00 h).

Finalmente, xa o día 10 de agosto, a selección española, encabezada polo seu adestrador, Evaristo Pérez, porá rumbo a Grecia. No país helénico afrontará o Europeo co obxectivo de competir ao máximo nivel.

(Foto:FEB)

(Foto:FEB)


© Federación Galega de Baloncesto 2007