Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Presentación

Desde aquí terás acceso a todas as competicións ligueiras e mais aquelas que dependen directamente da Federación Galega de Baloncesto.

Os clubs é o espazo reservado a toda a información dos equipos galegos das ligas FEB e FGB. Accede a esta completa base de datos para coñecer moito máis sobre a ampla comunidade de persoas e entidades que compoñen o baloncesto galego.

En Ligas FGB podes consultar todos os resultados e clasificacións da fin de semana en todas as categorías xestionadas pola Federación Galega de Baloncesto.

A Copa Galicia é o campionato de moda e, malia levar xa máis de vinte edicións, nos últimos anos gozou dunha relevancia crecente ata se converter no campionato extraligueiro de referencia no noso territorio. Fica atento a esta sección para coñecer o desenvolvemento dos encontros nas distintas categorías, ou consulta o historial das edicións pasadas.

Por último, en Seleccións podes atopar información e calendario de encontros de todos os nosos combinados, tanto os senior como as categorías restantes. Grazas á axenda das seleccións xa non volverás perder a oportunidade de apoiar o teu equipo cando este visite a túa localidade ou un lugar próximo.

Axenda

Sorteos de Calendario para as competicións Sénior Autonómica Masculina e Feminina e para a Interzonal Sénior Feminina 06 de setembro de 2010 - 17:30

A Federación Galega de Baloncesto lembra que a vindeira semana terán lugar... [+]

Toda a axenda

© Federación Galega de Baloncesto 2007