Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

O baloncesto, tamén en galego

O Punto de Asesoramento Lingüístico, P.A.L. é un servizo que ofrece a Federación Galega de Baloncesto aos colectivos (deportistas, seareiros, adestradores e colexiados) que alberga baixo o seu espazo. Entre os obxectivos que persegue, o P.A.L. busca mellorar, promover e fortalecer a presenza da lingua galega no mundo do baloncesto en Galicia.

O P.A.L. ofrece os seguintes servizos:

· Asesoramento lingüístico e resolución de dúbidas relacionadas co uso do idioma en xeral e no baloncesto en particular.

· Corrección, revisión e tradución de textos, páxinas web e cartelería para torneos.

Calquera solicitude de información ou consulta sobre este servizo debe dirixirse ao enderezo electrónico pal@fegaba.com.

© Federación Galega de Baloncesto 2007